Decreto 164/2006, do 14 de setembro, polo que se aproba a constitución do Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, do Condado e da Louriña, e os seus estatutos.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

A necesidade de dar unha resposta eficaz do servizo contra incendios e salvamento fai necesaria unha organización axeitada deste en todo o territorio galego. Con este obxectivo a Xunta de Galicia, no seu día, elaborou o Plan Galego de Dotación de Parques contra Incendios Urbanos, baseado en criterios de racionalidade técnica e económica, que permitirase dotar a comunidade autónoma dun servizo integrado de extinción de incendios, garantindo este servizo en toda Galicia, baixo condicións aceptables, en función do risco e da dificultade técnica da extinción de incendios.

En consecuencia, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do vinte e nove de decembro do ano dous mil catro, acordou participar no Consorcio contra incendios e Salvamento da Comarca do Condado-Baixo Miño, segundo o disposto no artigo 196.3º da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

O procedemento para a constitución do consorcio e para a elaboración dos seus estatutos cumpriu as normas establecidas nos artigos 150 e seguintes da

Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

Polo exposto, e en aplicación do artigo 196 da Lei 5/1997, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do catorce de setembro de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo único Apróbase a constitución do Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, do Condado e da Louriña.

Apróbanse os estatutos do Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, do Condado e da Louriña, cuxo texto é o que figura no anexo deste decreto.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor ao día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2006.

Emilio Pérez Touriño

Presidnete

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

Estatutos do Consorcio contra Incendios e de Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, do Condado e da Louriña

As administracións públicas teñen encomendada a prestación dunha serie de servizos aos seus cidadáns. Para mellorar a calidade destes servizos é necesario o establecemento de novas formas asociativas das administracións afectadas que fagan posible a aplicación dos principios de economía e eficacia.

Neste senso a Comunidade Autónoma de Galicia ten asumidas competencias sobre as materias de prevención e extinción de incendios e de protección civil. Unha organización axeitada permitirá unha resposta eficaz ante calquera circunstancia que poida supoñer un perigo para a vida e bens das persoas, así como a optimización e racionalización dos medios e recursos dispoñibles.

O Decreto 211/2005, do 3 de agosto, establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, creando, para estes efectos, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; así mesmo, o Decreto 232/2005, do 11 de agosto, e o Decreto 578/2005, do 29 de decembro, que fixa a estrutura orgánica da referida consellería adscriben a Dirección Xeral de Protección Civil, coas súas respectivas competencias á dita consellería, asumindo deste xeito as competencias, de planificación e coordinación dos plans e programas dos servizos contra incendios

e salvamento locais, de acordo coa normativa en vigor.

De acordo co disposto no artigo 26 c) da Lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local, correspóndelles aos municipios, por si ou asociados, a prestación, entre outros, dos servizos seguintes: nos municipios con poboación superior a 20.000 habitantes, servizos de protección civil, prevención e extinción de incendios.

As deputacións provinciais teñen atribuídas pola súa parte a competencia de cooperación e asistencia aos concellos, garantindo a prestación integral e adecuada dos servizos que estes teñen encomendados pola lei.

A Deputación Provincial de Pontevedra, en virtude das competencias que lle son propias e ao abeiro do disposto no artigo 30.6º d) e h) do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, xestionou varias actuacións en materia de colaboración cos concellos en materia de extinción e prevención de incendios.

A Lei 7/1985, reguladora de bases de réxime local, establece no seu artigo 87 que: «As entidades locais poden constituír consorcios con outras administracións públicas para fins de interese común ou con entidades privadas sen ánimo de lucro que persigan fins de interese público, concorrentes coas administracións públicas».

A Lei 5/1997, de Administración local de Galicia, establece a consideración das provincias como entidades locais territoriais. De acordo co artigo 149, as entidades locais galegas poderán, con carácter voluntario, constituír consorcios locais entre si, ou con outras administracións públicas para fins de interese común.

Doutra banda, tamén se debe ter en conta a Decisión do Consello da Unión Europea do 29 de xullo de 1991, pola que se crea o número único (112) para as chamadas de urxencia, e o acordo do Goberno da Xunta de Galicia, de setembro de 1997, para a prestación do servizo público de atención de urxencias en Galicia a través do número telefónico 112. Neste número deberán quedar integrados os servizos contra incendios e salvamento dos centros asociados, entre eles.

De acordo coas consideracións precedentes, as administracións participantes xustifican a concepción e a adopción da fórmula do consorcio como a organización idónea para facilitar a súa coordinación e leal cooperación e, en consecuencia, deciden constituír o consorcio que se rexerá polos presentes estatutos:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º Entidades asociadas.

Ao abeiro do establecido na Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, arti

gos 149 e seguintes, así como nas demais lexislación vixente, constitúese o Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, do Condado e da Louriña, integrado pola Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra e os concellos de Mondariz, Mondariz-Balneario, Mos, As Neves, O Porriño, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño e Tui.

Artigo 2º Constitución do consorcio.

Para a constitución do consorcio requírese o acordo previo correspondente e a aprobación definitiva dos seus estatutos por parte dos plenos da Deputación Provincial de Pontevedra e dos concellos que o integren, así como o acordo do Consello da Xunta de Galicia.

Unha vez producidos estes acordos, mediante decreto da Xunta de Galicia publicarase o texto íntegro dos estatutos no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez publicados os estatutos, convocanrase a todos os representantes das entidades que o integran co gallo de elixir os órganos reitores e iniciar o seu funcionamento.

Artigo 3º Carácter.

O consorcio constitúese voluntariamente e por un período de tempo indefinido. Ten carácter administrativo e personalidade xurídica propia e independente das entidades que o integran, así como capacidade xurídica para o cumprimento dos fins estatutarios. O consorcio contará con patrimonio propio e desenvolverá a súa actividade conforme un orzamento independente.

Artigo 4º Sede.
  1. O consorcio, coa denominación de Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, do Condado e da Louriña, terá a súa sede no parque contra incendios e de salvamento do Porriño.

  2. Por acordo do Pleno do consorcio, poderá modificarse o domicilio fixado no punto anterior ou celebrarse reunións en lugar distinto ao do seu domicilio.

Artigo 5º Obxecto.

Constitúe o obxecto do consorcio a prestación, xa sexa directamente ou ben mediante algunha das fórmulas previstas na lexislación de réxime local, do servizo contra incendios e de salvamento.

Este obxecto levarase a cabo cos propios medios do consorcio, e mediante a colaboración cos servizos municipais con equipamento contra incendios, os de protección civil, ou con outros colectivos con fins semellantes, así como os daquelas entidades públicas que se poidan crear no ámbito de actuación do consorcio.

Artigo 6º Ámbito.
  1. O ámbito de actuación do consorcio estenderase aos concellos sinalados no anexo I.

  2. Así mesmo, actuará fóra do ámbito que lle é propio, nos casos de sinistro, calamidade, catástrofe e grave perigo, cando fose requirido para iso, sempre que o demanden os órganos competentes e o autorice o presidente do consorcio.

  3. O consorcio asume o exercicio das competencias das entidades consorciadas cando a lexislación...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR