Decreto 349/2003, do 11 de setembro, polo que se aproba o procedemento de inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia a través da Internet.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Rango de LeyDecreto

A Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 6 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, introduce a informatización como elemento de apoio no procedemento, establecendo no seu artigo 45 un mandato de carácter programático coa finalidade de que as administracións públicas impulsen o emprego e a aplicación das técnicas e medios electrónicos, informáticos e telemáticos no desenvolvemento da súa actividade e no exercicio das súas competencias.

Así mesmo, recoñécelles ós cidadáns a facultade de relacionarse coas diferentes administracións

públicas e a que exerzan os seus dereitos ante elas, utilizando a técnica e medios electrónicos, informáticos e telemáticos, e outorgándolles ós documentos e copias así realizados validez e eficacia, sempre que se cumpran os requisitos previstos na lei e se garanta a autenticidade, integridade, conservación e, se é o caso, a recepción polo interesado.

Coa publicación do Decreto 200/2003, do 20 de marzo, polo que se regulan e determinan as oficinas de rexistro propias ou concertadas da Administración autónoma de Galicia, procédese á creación do Rexistro Telemático da Xunta de Galicia e regúlase a atención ó cidadán. Dáse así un paso importante para dar cumprimento ó artigo 45 da Lei 30/1992.

Como parte do proceso de apertura á Internet dos sistemas administrativos do Diario Oficial de Galicia, a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública deseñou un sistema que permite a utilización da Internet para o envío da solicitude de inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia.

O novo sistema xa está funcionando para os envíos que realizan as unidades administrativas das consellerías, os organismos autónomos e entidades da Xunta de Galicia. Este sistema axiliza os tempos de tramitación, elimina o papel, permítelle ó funcionario a consulta do estado de publicación e, en definitiva, facilita e axiliza o funcionamento dun instrumento administrativo esencial.

O sistema de envío telemático de documentos ó Diario Oficial de Galicia é tamén un dos servicios incorporados ó portal dos concellos, Eidolocal, o que lles permite ós concellos adheridos a este sistema realizar tamén o envío dos anuncios que queiran publicar no DOG a través da...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR