DECRETO 148/2013, do 12 de setembro, polo que se regulan o libro de visitas da inspección turística e as follas de reclamacións de turismo.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorVicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Rango de LeyDecreto

A Comunidade Autónoma ten atribuída competencia exclusiva en materia de promoción e ordenación do turismo, de acordo co artigo 27.21 do Estatuto de autonomía de Galicia.

O artigo 97.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, recolle con carácter xenérico, como funcións da Inspección Turística, as de realizar a comprobación e vixilancia do cumprimento das obrigas impostas pola propia lei, así como polo resto das disposicións que configuran o bloque normativo que disciplina a actividade turística na comunidade galega.

Deste xeito, a Inspección Turística asume como un dos seus principias obxectivos o de garantir a prestación dos servizos turísticos nas mellores condicións de calidade e excelencia turística.

A propia lei, no seu artigo 101.2, articula como un dos mecanismos que colaboran a acadar tal obxectivo o Libro de visitas da inspección turística, que deberá atoparse á disposición das inspectoras e inspectores de turismo nos establecementos onde se realice unha actividade turística, para os efectos de reflectir as inspeccións que se leven a cabo neles, así como as súas circunstancias.

A utilidade do libro de visitas da inspección turística, que ata a data responde ao modelo aprobado polo Decreto 297/2002, do 24 de outubro, polo que se regulan os libros de visitas da inspección turística e as follas de reclamación de turismo, resulta incuestionable por canto proporciona á Inspección os datos e antecedentes necesarios, tanto desde o punto de vista da situación administrativa do establecemento como desde o punto de vista disciplinario e sancionador, para un eficaz e completo desenvolvemento do seu labor, con independencia dos efectivos persoais que a levan a cabo. Tamén desde o punto de vista das persoas titulares de establecementos e actividades turísticas os libros adquiren decisiva relevancia ao permitirlles ter constancia formal das anomalías e deficiencias detectadas para os efectos da súa emenda ou regularización.

Por outra banda, no artigo 1.2.h) da Lei do turismo de Galicia establécese como un dos seus obxectivos e fins primordiais o de garantir a protección dos dereitos das usuarias e usuarios turísticos, entendidos estes, nos termos do artigo 10 da lei, como as persoas físicas ou xurídicas que gozan dalgún produto e servizo turístico ou que os utilizan ou os demandan inequivocamente, como destinatarios finais.

Para tal fin, o artigo 11.e) da Lei do turismo consagra como un dereito das usuarias e usuarios de turismo o de formular queixas e reclamacións, estando as empresas turísticas obrigadas a ter nos seus establecementos follas de reclamación facilitadas pola Administración turística, e a entregalas, de xeito inmediato, cando sexan solicitadas por aquelas e aqueles, de conformidade co disposto no artigo 16 da citada lei.

Tal obriga ou deber é reforzado na súa exixencia no artigo 35.i) da Lei do turismo, relativo aos deberes e obrigas predicables das empresarias e empresarios turísticos.

As follas de reclamacións de turismo, que viñan reguladas polo antedito Decreto 297/2002, do 24 de outubro, seguen a concibirse así, con independencia dos medios de defensa e protección recoñecidos ás persoas consumidoras na lexislación xenérica, como un eficaz mecanismo de protección das usuarias e usuarios turísticos ante as deficiencias no exercicio da actividade e prestación de servizos turísticos, ou mesmo no goce e utilización de establecementos e bens desta natureza, así como, segundo as circunstancias, nos intentos de goce dos anteditos bens e establecementos, polo que se deben pór en coñecemento da Administración turística aquelas deficiencias, para os efectos de reforzar o marco de defensa dos dereitos daquelas usuarias e usuarios, promovendo as medidas correctoras oportunas e, se é o caso, de represión e sanción.

Así, co obxecto de progresar na aplicación e desenvolvemento das previsións da Lei do turismo de Galicia, recollidas nos artigos 11.e), 35 i) e g) e 101.2, e no artigo 16, neste decreto regúlanse o libro de visitas da inspección turística e as follas de reclamacións de turismo, establecendo o seu carácter obrigatorio para as empresas e establecementos turísticos, a súa tramitación e as adaptacións necesarias derivadas da aprobación dun novo marco legal xenérico, todo isto en cumprimento do disposto na disposición derradeira primeira da Lei do turismo.

Establécese, como novidade, o feito de poder descargar de xeito gratuíto as follas de reclamacións da páxina web da Axencia Turismo de Galicia, ou ben solicitalas á área provincial correspondente da citada axencia, logo do aboamento do prezo privado correspondente.

Polo que respecta aos órganos competentes, o Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia de Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos, regula a Axencia Turismo de Galicia como unha axencia pública autonómica, que ten como obxectivo básico impulsar, coordinar e xestionar a política autonómica en materia de turismo e, en especial, a promoción e a ordenación do turismo dentro da Comunidade. Nace cunha vocación integradora, e deste xeito acádase unha dirección única, coordinada e áxil das competencias turísticas da Comunidade Autónoma, así como dos servizos comúns e transversais destas, o que supón conseguir unha maior eficacia e eficiencia dos recursos públicos.

De acordo coa disposición adicional primeira do citado Decreto 196/2012, a Axencia Turismo de Galicia asume, desde a súa constitución, as competencias, recursos e medios materiais que corresponden na actualidade á Secretaría Xeral para o Turismo, aos servizos de Turismo nas xefaturas territoriais, que quedarán suprimidos no momento da dita constitución, subrogándose a Axencia en todas as relacións xurídicas, bens, dereitos e obrigas derivados do exercicio das competencias do devandito...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR