Decreto 156/2006, do 7 de setembro, polo que se crea o centro residencial de atención a persoas maiores de Larouco (Ourense).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorVICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR
Rango de LeyDecreto

O artigo 27.23º do Estatuto de autonomía para Galicia, en concordancia co artigo 148.1º.20 da Constitución española, establece a competencia exclusiva da comunidade autónoma no ámbito da asistencia social.

En virtude desa atribución competencial, o Parlamento de Galicia aprobou a Lei 4/1993, do 14 de abril, de servizos sociais, pola que se ordenan e regulan os aspectos básicos dun sistema integrado de servizos sociais como servizo público da Comunidade Autónoma de Galicia, estruturado en dous niveis de atención: primaria e especializada.

A dita norma veu regular os servizos sociais de atención especializada dirixidos ao colectivo das persoas maiores, e establece determinados programas e equipamentos, entre os que figuran as residencias, encamiñadas a acadar a atención integral, a autonomía persoal e a participación social deste sector poblacional.

En desenvolvemento da lei, e co fin de garantir a adecuada prestación dos servizos, controlar a calidade da atención e recoñecer os dereitos e deberes dos usuarios, aprobouse o Decreto 243/1995, do 28 de xullo, de autorización e acreditación de centros de servizos sociais. Esta disposición regula a obrigatoriedade de obter autorización administrativa pre

via para a creación ou modificación dos equipamentos sociais, así como para o inicio ou cesamento das súas actividades, especificando os requisitos xerais que estes deben cumprir.

Neste senso, segundo o disposto no artigo 29 da Lei 4/1993, de servizos sociais, e o artigo 6 do Decreto 243/1995, para a creación de centros de servizos sociais propios da Administración autonómica, será necesaria unha norma con rango de decreto.

En consecuencia, e por proposta do vicepresidente da Xunta de Galicia, logo da deliberación no Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día sete de setembro de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo único Créase o centro residencial de atención a persoas maiores de Larouco (Ourense).

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar para ditar as disposicións necesarias para a posta en funcionamento do centro creado mediante este decreto.

Segunda.-Esta...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR