Decreto 174/2007, do 6 de setembro, polo que se modifica o Decreto 133/2002, do 11 de abril, polo que se regula a concesión de préstamos polo Instituto Galego de Promoción Económica.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

Mediante o Decreto 133/2002, do 11 de abril (DOG nº 78, do 23 de abril), polo que se regula a concesión de préstamos polo Instituto Galego de Promoción Económica, habilitouse o Igape para conceder préstamos ou créditos a favor de empresas domiciliadas en Galicia, nos ámbitos concretos de apoio aos emprendedores e de apoio ao financiamento de producións audiovisuais, establecendo así mesmo que calqueroutro tipo de operación debería ser expresamente autorizada mediante decreto do Consello da Xunta de Galicia.

Posteriormente, mediante o Decreto 154/2004, do 7 de xullo (DOG nº 135, do 14 de xullo), habilitouse o instituto para conceder préstamos ou créditos destinados a financiar o desenvolvemento e/ou a implantación en Galicia de proxectos empresariais en materia de innovación tecnolóxica.

Vista a aceptación polas empresas destas liñas de apoio e tendo en conta a actual tendencia nas liñas de apoio públicas e nas directrices da Unión Europea á utilización de instrumentos e programas de axuda reintegrables, enténdese oportuno modificar a normativa para ampliar as finalidades dos préstamos do Igape co fin de dotalos dun maior ámbito.

Así mesmo, enténdese oportuno modificar o artigo cuarto do Decreto 133/2002, do 11 de abril, no referente aos créditos habilitados para estes programas co fin de acadar unha maior axilidade na operativa contable do instituto.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día seis de setembro de dous mil sete,

DISPOÑO:

Artigo único Os seguintes artigos do Decreto 133/2002, do 11 de abril, polo que se regula a concesión de préstamos polo Instituto Galego de Promoción Económica (DOG nº 78, do 23 de abril) pasan a ter a seguinte redacción:

Artigo 2º

O Igape poderá conceder préstamos ou créditos de acordo cos requisitos e características establecidos nos programas que con carácter xeral para tal efecto aprobe e que, polo menos, establecerán os requisitos dos posibles prestameiros, destino dos fondos, prazo e condicións das operacións e que serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia.

Calqueroutro tipo de operación deberá ser expresamente autorizada mediante acordo do Consello da Xunta de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR