Decreto 160/2010, do 23 de setembro, polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e nas fundacións públicas sanitarias.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE SANIDADE
Rango de LeyDecreto

O Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos comúns do Sistema Nacional de Saúde e o procedemento para a súa actualización, establece no seu anexo IX que, conforme o previsto no artigo 83 da Lei xeral de sanidade, na disposición adicional 22 do texto refundido da Lei xeral de Seguridade Social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, no artigo 2.7º deste real decreto e demais disposicións que resulten de aplicación, os servizos públicos de saúde reclamarán aos terceiros obrigados ao pagamento o importe das atencións ou prestacións sanitarias facilitadas directamente ás persoas, incluído o transporte sanitario, a atención de urxencia, a atención especializada, a atención primaria, a prestación farmacéutica, a prestación ortoprotésica, as prestacións con produtos dietéticos e a rehabilitación, nos seguintes supostos:

  1. Asegurados ou beneficiarios do Sistema de Seguridade Social pertencentes á Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado, Mutualidade Xeral Xudicial ou ao Instituto Social das Forzas Armadas, que non fosen adscritos, a través do procedemento establecido, a recibir asistencia sanitaria do Sistema Nacional de Saúde.

  2. Asegurados ou beneficiarios de empresas colaboradoras na asistencia sanitaria do Sistema de Seguridade Social, naquelas prestacións cuxa atención corresponda á empresa colaboradora conforme o convenio ou concerto subscrito.

  3. Accidentes de traballo ou enfermidades profesionais a cargo das mutuas de accidentes de traballo, do Instituto Nacional da Seguridade Social ou do Instituto Social da Mariña.

  4. Seguros obrigatorios.

  5. Convenios ou concertos con outros organismos ou entidades.

  6. Cidadáns estranxeiros, nos supostos previstos.

  7. Outros obrigados ao pagamento:

  1. Accidentes acaecidos con ocasión de eventos festivos, actividades recreativas e espectáculos públicos en caso de que se subscribise contrato de seguro de accidentes ou de responsabilidade civil que cubra as continxencias derivadas destas actividades.

  2. Seguro escolar.

  3. Calquera outro suposto en que, en virtude de normas legais ou regulamentarias, o importe das atencións ou prestacións sanitarias deba ser por conta das entidades ou terceiros correspondentes.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, establece no seu capítulo II, do título II, o réxime xeral de xestión, recadación e recursos en materia de prezos públicos.

O artigo 47 da mencionada lei sinala que os prezos públicos serán fixados por decreto, por proposta da consellería de que dependa o órgano ou entidade ofertante. Por outra banda, hai que ter en conta que polo Decreto 16/1991 foron asumidas pola Comunidade Autónoma de Galicia as funcións e os servizos do Instituto Nacional da Saúde.

Así mesmo, o artigo 76 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, establece que lle corresponde á Consellería de Sanidade aprobar os módulos económicos para a prestación dos servizos propios, conveniados ou contratados do Servizo Galego de Saúde, así como a súa modificación.

En virtude do Decreto 276/2001, do 27 de setembro, de adaptación das fundacións sanitarias á disposición adicional sétima da Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo, os ingresos procedentes da prestación de servizos sanitarios por parte das fundacións teñen a consideración de ingresos de dereito público, polo que é necesario incluír os prezos dos servizos prestados polas fundacións sanitarias neste decreto.

Faise necesario actualizar o Decreto 392/2009, do 1 de outubro, polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e nas fundacións públicas sanitarias.

É, pois, necesario regular a percepción dos prezos públicos por asistencia sanitaria prestada nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e nas fundacións públicas sanitarias, por proposta da Consellería de Sanidade, co informe favorable da Consellería de Facenda, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e tres de setembro de dous mil dez,

DISPOÑO:

Artigo 1º
  1. Apróbanse as tarifas que figuran nos anexos I, II, III, IV, V e VI deste decreto, aplicables aos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e nas fundacións públicas sanitarias, a pacientes que non sexan beneficiarios da Seguridade Social, así como naqueles casos en que, sendo beneficiarios, exista un terceiro obrigado ao pagamento que deba asumir o gasto sanitario.

    Para a liquidación das tarifas contidas no anexo IV considéranse terceiros obrigados ao pagamento as compañías privadas de saúde naqueles supostos de transporte sanitario urxente de carácter vital cando o paciente, sexa ou non beneficiario da Seguridade Social, suscribise voluntariamente unha póliza con esa compañía, excepto que nas condicións do contrato estivese expresamente excluído ese transporte.

    Nos supostos de terceiros obrigados ao pagamento, por tratarse de gastos non financiables con ingresos da Seguridade Social (artigo 83 da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade), cando o paciente non facilite os datos do terceiro obrigado para súa correcta facturación, o gasto asistencial será pola súa conta.

    No suposto de accidentes producidos por vehículos sen seguro ou roubados, os gastos sanitarios ocasionados pola asistencia prestada ao condutor do vehículo e aos acompañantes que coñecían as circunstancias do roubo ou non aseguramento e o ocupaban voluntariamente, serán asumidos polo condutor e, de ser o caso, polos ocupantes do vehículo.

  2. As tarifas contidas no anexo I serán aplicables á asistencia sanitaria prestada nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde (Atención Primaria e Especializada) e nas fundacións públicas hospitalarias.

  3. O anexo II recolle as tarifas que se aplicarán como consecuencia da asistencia sanitaria que se preste en accidentes de tráfico, naqueles casos en que sexan de aplicación os convenios marco de asistencia sanitaria para o ano 2009 con institucións sanitarias públicas.

  4. As tarifas recollidas nos anexos III, IV, V e VI serán aplicables, respectivamente, pola Fundación Pública Instituto Galego de Oftalmoloxía, pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pola Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e pola Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia.

Artigo 2º

A facturación realizarase coas tarifas vixentes no día da prestación do servizo.

Disposición derrogatoria

Queda derrogado o Decreto 392/2009, do 1 de outubro, polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e nas fundacións públicas sanitarias.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a conselleira de Sanidade para ditar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución do establecido neste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e tres de setembro de dous mil dez.

Alberto Núñez Feijóo

Presidente

Maria del Pilar Farjas Abadía

Conselleira de Sanidade

ANEXO I

Prezos de servizos sanitarios prestados a pacientes que non sexan beneficiarios da Seguridade Social, así como naqueles casos en que, sendo beneficiarios, exista un terceiro obrigado ao pagamento que deba asumir o gasto sanitario.

  1. Atención primaria:

    A. Consultas:

    1. Consulta médica.

      -Primeira consulta: 65,20 €.

      -Consultas sucesivas: 32,60 €.

      -Asistencia en urxencias: 241,86 €.

    2. Consulta médica con probas complementarias.

      -Primeira consulta: 80,96 €.

      -Consultas sucesivas: 41,01 €.

    3. Consulta médica e de coidados de enfermaría.

      -Primeira consulta:

      *Con probas: 96,74 €.

      *Sen probas: 77,83 €.

      -Consultas sucesivas:

      *Con probas: 48,35 €.

      *Sen probas: 38,92 €.

      -Consultas de urxencias: 252,66 €.

    4. Consultas de enfermaría.

      -Consultas de enfermaría: 13,68 €.

    5. Consultas a domicilio.

      -Consulta médica.

      *Primeira consulta:

      Con probas: 96,74 €.

      Sen probas: 77,84 €.

      Esta última tarifa (primeira consulta sen probas) tamén será aplicable nos supostos de asistencia sanitaria prestada polos facultativos do Servizo Galego de Saúde cando sexa requirida pola policía xudicial a súa presenza no lugar dos feitos (Lei 38/2002, do 24 de outubro).

      *Consultas sucesivas:

      Con probas: 48,35 €.

      Sen probas: 38,93 €.

      -Consulta médica con coidados de enfermaría.

      *Primeira consulta:

      Con probas: 116,74 €.

      Sen probas: 93,59 €.

      *Consultas sucesivas:

      Con probas: 58,86 €.

      Sen probas: 46,28 €.

      -Consultas enfermaría.

      *Primeira consulta:

      Con probas: 51,64 €.

      Sen probas: 38,79 €.

      *Consultas sucesivas:

      Con probas: 25,82 €.

      Sen probas: 19,40 €.

    6. Consultas en unidades de saúde buco-dental.

      -Consulta preventiva:

      *Primeira consulta: 65,20 €.

      *Consultas sucesivas: 32,60 €.

      -Consulta hixienista dental: 37,97 €.

    7. Consultas en centros de orientación familiar.

      -Consulta de xinecoloxía:

      *Primeira consulta: 137,41 €.

      *Revisións: 45,80 €.

      -Consulta de psicoloxía:

      *Primeira consulta: 65,20 €.

      *Consultas sucesivas: 32,60 €.

      -Clases de preparación ao parto: 320,32 €.

      B. Intervencións cirúrxicas ambulatorias:

    8. En atención primaria: 119,86 €.

    9. En unidades de saúde buco-dental: 96,74 €.

    10. En centro de orientación familiar: 96,74 €.

      C. Probas ambulatorias e outros tratamentos:

    11. Radioloxía básica: 33,94 €.

      D. Tratamentos:

    12. Para os servizos de fisioterapia e rehabilitación e calquera outro procedemento non recollido nos puntos anteriores, que se realicen en centros de atención primaria, aplicaranse as tarifas que para estes se establecen nos demais puntos do anexo I do decreto.

  2. Atención especializada:

    A. Estadías:

    1. Entenderase por día de estadía e cama ocupada, para efectos de facturación, cando o paciente se atope ingresado no hospital para a atención do...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR