Decreto 235/2004, do 23 de setembro, polo que se autoriza o cambio de denominación da Escola Superior da Mariña Civil, da Universidade da Coruña, que pasará a denominarse Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Rango de LeyDecreto

A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades establece no seu artigo 8.2º que a creación, modificación e supresión de facultades, escolas técnicas ou politécnicas superiores e escolas universitarias ou escolas universitarias politécnicas, así como a implantación e supresión de ensinanzas conducentes á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional, serán acordadas pola comunidade autónoma, ben por proposta do Consello Social ou ben por propia iniciativa co acordo do referido consello, en todo caso logo de informe do Consello de Goberno da Universidade.

Pola súa banda, a Lei 2/2003, do 22 de maio, do Consello Galego de Universidades, establece no seu artigo 5 f) que lle corresponde ao Consello Galego de Universidades emitir informe sobre as propostas de creación, modificación ou supresión de facultades, escolas técnicas ou politécnicas superiores e escolas universitarias ou escolas universitarias politécnicas.

A Universidade da Coruña, en uso das súas competencias, presentou expediente para o cambio da denominación da Escola Superior da Mariña Civil polo de Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas. Xustifícase o dito cambio de denominación pola necesidade de unificación da denominación de todos os centros universitarios de ensinanza náutica superior, que están levando a cabo as distintas universidades.

Por todo isto, de conformidade co disposto no citado artigo 8.2º da Lei 6/2001, por instancia do Consello Social da Universidade, co informe do Consello de Goberno da Universidade da Coruña e do Consello Galego de Universidades, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR