Decreto 149/2010, do 9 de setembro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción da ampliación da ponte sobre o río Grande na estrada AC-552, p.k. 58+400, en Baio, nos municipios de Zas e Vimianzo. (Clave AC/08/141.06).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS
Rango de LeyDecreto

O 1 de marzo de 2010, a Dirección Xeral de Infraestruturas resolveu aprobar o proxecto de construción da ampliación da ponte sobre o río Grande na estrada AC-552, p.k. 58+400, en Baio, nos municipios de Zas e Vimianzo. (Clave AC/08/141.06).

Esta actuación ten por obxecto a realización das obras precisas para ampliar a referenciada ponte ata acadar unha plataforma que poida albergar dous carrís, dúas beiravías interiores e dúas beirarrúas, de xeito que se mellore sensiblemente a circulación na estrada, así como a seguridade tanto de vehículos como de peóns. Inclúese nesta actuación o acondicionamento da intersección próxima á ponte.

A finalidade do proxecto, antes mencionada, obriga a unha inmediata actuación da Administración e, consecuentemente, a unha urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios, os cales aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectuar a declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo segundo do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación ao departamento competente, actualmente a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

En virtude de todo o exposto e en aplicación do artigo 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia e dos artigos 10 e 52 da Lei de expropiación forzosa, en relación co previsto no artigo 16 da Lei 4/1994, do 14...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR