DECRETO 104/2012, do 16 de marzo, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

O Decreto 103/2005, do 6 de maio, polo que se establece a regulamentación técnico-sanitaria de piscinas de uso colectivo, regula as condicións hixiénico-sanitarias das piscinas de uso colectivo da Comunidade Autónoma de Galicia e establece no seu artigo 29 en que casos estas piscinas deberán contar cun servizo de socorristas coa titulación e os niveis mínimos de formación.

A xestión dunha piscina cualificada de uso colectivo ou a organización de actividades nela, sempre leva consigo o cumprimento dunha normativa de carácter sanitario que impón condicións de deseño, construción e funcionamento. Debe destacarse, entre elas, a obriga de contar con persoal de socorrismo de forma permanente mentres a piscina permaneza aberta ao público ou se desenvolvan nela actividades.

O artigo 25.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e o artigo 80 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, nas súas alíneas a) e h), atribúen aos municipios competencias para garantir a seguranza nos lugares públicos –entre os cales se encontran as praias– e a protección da salubridade pública, nos termos que determine a lexislación estatal e autonómica. Estas atribucións competenciais deben ser consideradas á luz do disposto no artigo 2, alíneas a) e b) da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, artigo depositario dos fins que debe perseguir a Administración pública na súa actuación sobre o dominio marítimo-terrestre. Estes fins son, entre outros, determinar o dominio marítimo-terrestre e asegurar a súa integridade e axeitada conservación, adoptando, se é o caso, as medidas de protección e restauración necesarias, así como garantir o uso público do mar, da súa ribeira e do resto do dominio público marítimo-terrestre, sen máis excepcións que as derivadas de razóns de interese público debidamente xustificadas. Así mesmo, a alínea d) do artigo 115 da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, establece que as competencias municipais, nos termos previstos pola lexislación que diten as comunidades autónomas, poderán abranguer vixiar a observancia das normas e instrucións ditadas pola Administración do Estado sobre salvamento e seguranza das vidas humanas.

O Decreto 7/2011, do 20 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, establece que lle corresponde o apoio e asistencia á Presidencia da Xunta de Galicia, ao que corresponde, entre outras e sen prexuízo das demais competencias que legal e regulamentariamente teña atribuídas, a elaboración, proposta e execución da política do Goberno galego en materia de Administración local e interior, que exercerá no nivel de desenvolvemento que se indica neste decreto para cada un dos órganos que integran este departamento.

A Academia Galega de Seguridade Pública é un organismo autónomo de carácter administrativo adscrito á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza que se axustará nos seus fins, estrutura e funcionamento ao disposto na Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Academia Galega de Seguridade Pública. De conformidade co establecido na devandita lei, a Academia Galega de Seguridade Pública orientará a súa actuación ao enriquecemento do capital humano dos servizos de seguranza pública mediante a súa capacitación a través da formación, a innovación e a excelencia, compromiso de xerar e transferir as bases de coñecemento para a mellora das políticas en materia de seguranza pública e impulso da calidade nos servizos de seguranza pública para unha mellor atención á cidadanía e maior satisfacción dos/das seus/súas xestores/as.

Neste sentido, calquera regulación da formación dos/das socorristas en instalacións acuáticas e espazos naturais na Comunidade Autónoma de Galicia debe ter en conta as cualificacións profesionais e os certificados de profesionalidade publicados no Boletín Oficial del Estado.

O Real decreto 295/2004, do 20 de febreiro, modificado polo Real decreto 1087/2005, de 16 de setembro, e o Real decreto 1521/2007, do 16 de novembro, incorpora ao Catálogo nacional de cualificacións profesionais as cualificacións de socorrismo en instalacións acuáticas e de socorrismo en espazos acuáticos naturais, e establece os seus correspondentes módulos formativos, que se incorporan ao catálogo modular de formación profesional. Posteriormente, por medio do Real decreto 711/2011, do 20 de maio, establécense os certificados de profesionalidade asociados a estas cualificacións.

Como consecuencia do anterior, é obxecto do presente decreto a regulación dos niveis mínimos de formación con que debe contar o persoal de socorrismo en instalacións acuáticas e espazos acuáticos naturais na Comunidade Autónoma de Galicia e a inscrición dos/das socorristas no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos da Comunidade Autónoma de Galicia, dependente da Academia Galega de Seguridade Pública, xa que esta regulación é demandada pola cidadanía usuaria como garantía dunha axeitada prestación de servizos de calidade.

O presente decreto pretende garantir unha axeitada prestación do servizo ao mesmo tempo que resulta respectuoso coa Directiva 2006/123/CE, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior. Deste xeito, a regulación contida no presente decreto exixe solicitar a inscrición no Rexistro de Socorristas Acuáticos pero non condiciona o comezo da actividade á obtención da inscrición, senón que a permite a partir do momento en que se solicita a referida inscrición e se presenta declaración responsable do cumprimento dos requisitos para o exercicio da actividade de socorrismo.

En virtude do exposto, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, facendo uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e do seu Presidente, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do dezaseis de marzo de dous mil doce,

DISPOÑO:

CAPÍTULO IDisposicións...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR