Resolución do 28 de marzo de 2011 pola que se convocan as subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas ás comunidades de propietarios para a reparación, rehabilitación e adaptación de edificios de vivendas de protección oficial de promoción pública.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorINSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO
Rango de LeyResolución

Co fin de impulsar a rehabilitación e mellora das vivendas de promoción pública promovidas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante IGVS) ou transferidas á Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do Real decreto 1926/1985, do 11 de setembro, e do Real decreto 1461/1989, do 1 de decembro, de transferencias en materia de patrimonio arquitectónico, control da calidade da edificación e vivenda, é necesario incentivar as actuacións de reparacións nos edificios de vivendas de promoción pública por medio do establecemento de subvencións ás comunidades de propietarios.

O artigo 3º da Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do IGVS, establece que lle corresponde a este organismo autónomo a realización da política de solo e vivenda da Xunta de Galicia co fin de garantir os dereitos constitucionais a unha vivenda digna e adecuada.

A orde da Consellería de Vivenda e Solo, do 19 de setembro de 2008, establece as bases reguladoras das axudas do IGVS ás comunidades de propietarios, en réxime de concorrencia competitiva, para a reparación, rehabilitación e adaptación de edificios de vivendas de protección oficial de promoción pública.

O artigo 3º b).3 do Decreto 83/2009, do 21 de abril, fixou a vixente estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, suprimindo a Consellería de Vivenda e Solo e adscribindo o organismo autónomo IGVS á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

O Decreto 316/2009, do 4 de xuño, que establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, atribúe a esta consellería as competencias en materia de vivenda.

En consecuencia, de conformidade co establecido no artigo 7º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e en exercicio das facultades atribuidas polo Decreto 317/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica do IGVS,

DISPOÑO:

Artigo 1º Obxecto e bases reguladoras.
  1. Esta resolución ten por obxecto a convocatoria pública para o ano 2011, en réxime de concorrencia competitiva, da concesión de subvencións do IGVS para a reparación, rehabilitación e adaptación dos edificios de protección oficial de promoción pública promovidos polo IGVS e dos transferidos á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real decreto 1926/1985, do 11 de setembro, e polo Real decreto 1461/1989, do 1 de decembro, de transferencias en materia de patrimonio arquitectónico, control da calidade da edificación e vivenda.

  2. As bases e o procedemento para a concesión establéceos a Orde do 19 de setembro de 2008, da Consellería de Vivenda e Solo, para a concesión de axudas ás comunidades de propietarios, en réxime de concorrrencia competitiva, para a reparación e adaptación de edificios de vivendas de protección oficial de promoción pública (DOG nº 188, do 29 de setembro de 2008), modificada pola Orde do 21 de setembro de 2009 (DOG nº 199, do 9 de outubro de 2009).

Artigo 2º Créditos orzamentarios.

Para a concesión das axudas, que terán a modalidade de subvención, destinarase un crédito global de 2.000.000 e financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 07.90.451A.781.00 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, destinándose para tal fin 150.000 no ano 2011, 850.000 no ano 2012, 600.000 no ano 2013 e 400.000 no 2014, todo iso sen...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR