Decreto 539/2005, do 20 de outubro, polo que se suprime o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e se modifica a regulación do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE TRABALLO
Rango de LeyDecreto

Coa finalidade de crear un marco organizativo axeitado para o desenvolvemento das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de seguridade e saúde laboral ditouse o Decreto 200/2004, do 29 de xullo, polo que se crea o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e se regula o Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral.

Este organismo naceu pois, co obxectivo non só de promover a mellora das condicións de traballo, senón tamén de elevar o nivel de protección da saúde e seguridade das traballadoras e traballadores galegos nos seus respectivos ámbitos laborais.

Ademais, perseguía unha maior presenza e participación institucional das organizacións galegas empresariais e sindicais máis representativas, ao tempo que establecía a coordinación eficaz entre as distintas administracións competentes na materia, tal e como reza o seu propio preámbulo.

A estrutura organizativa creada ao abeiro do Decreto 200/2004, lonxe de permitir un mellor desenvolvemento das funcións competenciais da Administración laboral e de coordinación interadministrativa, xerou unha duplicidade de titularidade orgánica e funcional que impediu a súa operatividade e funcionamento, segundo criterios técnicos e de independencia desde o mesmo momento da súa creación.

Ademais, a oportunidade de dotar dun corpo técnico propio e de medios materias suficientes o instituto para sustentar a súa actividade, demanda a urxente necesidade de reformular a súa configuración xurídica actual.

Por todo o anterior, e no convencemento de que a sociedade galega o demanda, cómpre suprimir o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral facéndose cargo a Dirección Xeral de Relacións Laborais dos cometidos do instituto mentres non se proceda, a través dun proceso de negociación cos axentes económicos e sociais galegos, á elaboración dun proxecto de lei cun novo modelo de instituto que, con orzamento de seu, se configure como organismo autónomo de carácter administrativo, con personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar para o cumprimento dos seus fins.

Seguen en vigor o resto das disposicións do capítulo II referidas ao Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral e aos comités provinciais, en...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR