Decreto 13/2004, do 15 de xaneiro, polo que se establecen os requisitos técnicos e condicións sanitarias mínimas aplicables ás prácticas de tatuaxes, micropigmentacións e piercing.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE SANIDADE
Rango de LeyDecreto

As prácticas de tatuaxes, micropigmentacións e de piercing estanse a converter na forma máis estendida de arte corporal na sociedade actual, o que dá lugar á aparición de establecementos que se dedican á realización destas prácticas, nun ámbito non sanitario. Hai que ter en conta que as deficiencias nas instalacións, nas materias e nas prácticas poden dar lugar a patoloxías diversas, destacando entre elas as producidas polos virus da inmunodeficiencia humana (VIH), da hepatite B (VHB), da hepatite C (VHC) e, en menor medida, da hepatite A (VHA), xa que estas técnicas implican a perforación da pel ou mucosas e existe a posibilidade de transmisión destes virus por vía sanguínea, especialmente se non se realizan por persoal con formación e cos medios e condicións hixiénicas adecuados.

Todo isto fai necesaria a regulación destas actividades, para protexe-la saúde dos usuarios destes establecementos.

Os titulares destes establecementos son os responsables do mantemento da hixiene e, polo tanto, este decreto atribúelles tamén as tarefas de autocontrois continuados dos riscos para a saúde asociados ás diferentes actividades que se poidan desenvolver. Así mesmo, os órganos administrativos competentes son os responsables dos controis oficiais periódicos, que unidos ós autocontrois deben conseguir aumenta-lo nivel de protección da saúde de usuarios.

O goberno galego, en función das competencias en materia sanitaria que lle confiren o Estatuto de autonomía no seu artigo 33 e a Constitución española no seu artigo 43, que recoñece o dereito de tódolos cidadáns á protección da saúde e a competencia dos poderes públicos para organizar e tutela-la saúde pública, así como o artigo 24 da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, que regula a intervención pública nas actividades públicas ou privadas que, directa ou indirectamente poidan ter consecuencias negativas para a saúde, decide dicta-lo seguinte decreto, para establece-los requisitos técnicos e condicións sanitarias mínimas dos establecementos que realizan tatuaxes, micropigmentacións e piercing.

Tendo en conta o anterior, por proposta do conselleiro de Sanidade, oído o Consello Consultivo, Dictame 658/2003, do 22 de outubro, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día quince de xaneiro de dous mil catro,

DISPOÑO

Artigo 1º Obxecto.

Este decreto ten por obxecto establece-las normas sanitarias aplicables ás prácticas de tatuaxe, micropigmentación e piercing na Comunidade Autónoma de Galicia, coa finalidade de:

  1. Protexe-la saúde dos usuarios destes establecementos, especialmente do contaxio de enfermidades de transmisión por vía sanguínea.

  2. Regula-las funcións de control e verificación do cumprimento destas normas sanitarias, así como as medidas hixiénico-sanitarias básicas que deberán observa-los profesionais que as realicen.

Artigo 2º Ámbito de aplicación.
  1. O presente decreto será de aplicación a aqueles establecementos non sanitarios da Comunidade Autónoma de Galicia, nos que, de xeito permanente, temporal ou esporádico se practiquen técnicas de tatuaxe, micropigmentación e piercing, así como calquera outra práctica de decoración corporal que implique a perforación da pel, mucosas ou tecidos.

  2. Para a realización das técnicas dispostas no punto anterior, será requisito previo e indispensable a notificación de actividade, por parte do titular do establecemento, á Delegación Provincial da Consellería de Sanidade que corresponda en función da situación deste, que deberá comunicarllo á Dirección Xeral de Saúde Pública.

Cando os responsables do establecemento cursen a devandita notificación de realización de actividade, deberán atoparse en condicións de acredita-lo cumprimento dos requisitos técnicos e condicións sanitarias mínimos esixibles, de conformidade cos artigos seguintes.

Artigo 3º Definicións.

Para efectos deste decreto enténdese por:

  1. Tatuaxe: procedemento de decoración do corpo humano con debuxos, que consiste na introducción de pigmentos colorantes na pel, por medio de puncións, incluída a técnica de micropigmentación.

  2. Micropigmentación ou dermopigmentación: consiste nunha leve introducción baixo a pel, en zonas concretas como os beizos, as cellas ou o contorno dos ollos, de diminutas partículas de diversas substancias antialérxicas previamente coloreadas.

  3. Piercing: procedemento de decoración do corpo humano con xoias ou ornamentos, xeralmente metálicos, que consiste na suxeición destas ó corpo atravesando a pel, mucosas e/ou outros tecidos corporais.

  4. Establecemento de tatuaxe, piercing e micropigmentacións: establecemento non sanitario onde se levan a cabo actividades de tatuaxe, micropigmentacións e piercing, xa sexa con carácter exclusivo ou integrado en centros onde se realizan outras actividades.

  5. Área de traballo: dependencia do establecemento onde especificamente se realizan as actividades de tatuaxe, micropigmentacións e piercing.

  6. Aplicadores de tatuaxes, micropigmentacións e piercing: persoal que realiza actividades que implican a perforación da pel, mucosas e/ou outros tecidos.

  7. Esterilización: eliminación ou destrucción de tódolos microorganismos dun obxecto, material ou producto.

  8. Desinfección: proceso de eliminación dos microorganismos patóxenos pero non necesariamente de tódalas formas microbianas.

Artigo 4º Instalacións.
  1. As instalacións dos establecementos onde se levan a cabo actividades de tatuaxe, micropigmentacións e piercing deben...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR