Resolución do 26 de setembro de 2003 pola que se acorda o inicio, polo procedemento de taxación conxunta, e se somete a información pública o expediente expropiatorio dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do polígono 2-A do Plan parcial do parque empresarial do Pereiro de Aguiar.

SecciónVI. Anuncios
EmisorINSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO
Rango de LeyResolución

O Instituto Galego da Vivenda e Solo subscribiu con data do 28 de febreiro de 1991 un acordo co Concello do Pereiro de Aguiar para a promoción pública dun parque empresarial en dito municipio.

Foi formulado o oportuno Plan parcial de ordenación do parque empresarial, que foi aprobado definitivamente por acordo da Comisión Provincial de Urbanismo o 5 de novembro de 1993.

O proxecto de urbanización do parque empresarial foi aprobado definitivamente por acordo do Pleno municipal en sesión do 26 de febreiro de 1994.

O Consello da Xunta de Galicia, con data do 13 de maio de 1994, declarou expresamente a prevalencia da utilidade pública da implantación do parque empresarial do Pereiro de Aguiar sobre a do monte veciñal en man común Monte Alegre da Comunidade de Cachamuíña no termo municipal do Pereiro de Aguiar.

O Pleno da corporación municipal, en sesión do 9 de febreiro de 1996, aprobou definitivamente a primeira modificación puntual do Plan parcial do parque empresarial do Pereiro de Aguiar. En sesión extraordinaria do Concello en pleno do 5 de outubro de 2001, aprobou definitivamente a segunda modificación do Plan parcial do devandito parque. Esta modificación subdivide en dous polígonos o polígono 2, o 2 A e o 2 B, sendo prioritario o primeiro.

Determinouse como sistema de actuación o da expropiación, que realizará o Instituto Galego da Vivenda e Solo, de conformidade cos acordos subscritos co Concello.

A aprobación dos instrumentos de ordenación urbanística implicará a declaración de utilidade

pública das obras e a necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados ós fins da expropiación, segundo o establecido no artigo 33 da Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións e no artigo 98 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Este expediente ten por obxecto a expropiación polo Instituto Galego da Vivenda e Solo en beneficio de Xestión Urbanística de Ourense, S.A. dos bens e dereitos necesarios para a execución do polígono nº 2 A do parque empresarial do Pereiro de Aguiar. Trátase dunha expropiación urbanística e, como tal, regulada na Lei 6/1998, de réxime do solo e valoracións (LRSV), na Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e no Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto, que aproba o Regulamento de xestión urbanística (RXU). Así mesmo, conforme a disposición adicional décimo primeira da Lei 1/1991, do 15 de xaneiro, da Xunta de Galicia, as administracións urbanísticas competentes pódenlle adxudicar directamente a formulación e execución de programas de actuación e plans de ordenación mediante os acordos ou concesións que para o efecto establezan, e para levar a cabo as actuacións de adquisición de solo terá a condición de beneficiaria da expropiación que estas administracións leven a cabo.

As facultades e obrigas do beneficiario da expropiación son as establecidas no artigo 5.2º da Lei de expropiación forzosa.

Para os efectos de fixación do prezo xusto polo procedemento de taxación...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR