Resolución do 4 de xuño de 2004, da Dirección Xeral de Urbanismo, sobre aprobación definitiva do proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos necesarios para a construción do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e das Comunicacións no campus universitario da Coruña-Elviña.

SecciónVI. Anuncios
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA
Rango de LeyResolución

Antecedentes.

  1. O secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria remite, mediante oficio do 6 de abril de 2004, o expediente de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos necesarios para a construción do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Infor

    mación e das Comunicacións no campus universitario da Coruña-Elviña, para os efectos da súa aprobación polo conselleiro de Política Territorial, de conformidade co disposto no artigo 143.6º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG).

  2. Logo da preceptiva autorización do Consello da Xunta de Galicia, outorgada na súa reunión do 20 de novembro de 2003, a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade da Coruña, con data do 1 de decembro de 2003, asinaron un convenio de colaboración para a adquisición de terreos no campus universitario da Coruña, con destino a súa urbanización e á construción de centros universitarios.

    Na cláusula segunda do convenio especifícase que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria levará a cabo a adquisición dos terreos necesarios mediante expropiación ou acordo cos propie

    tarios dos terreos, correspondéndolle a realización das actuacións que se determinan no artigo 5 do regulamento da Lei de expropiación forzosa á Universidade da Coruña, que ten a condición de beneficiaria.

  3. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, con data do 2 de decembro de 2003, resolveu iniciar o expediente expropiatorio mediante o procedemento de taxación conxunta, e sometelo a información pública polo prazo dun mes, segundo o previsto no artigo 143.2º e 3º da LOUG, mediante inserción de anuncios, publicados no DOG do 11 de decembro de 2003 e corrección de erros no DOG do 16 de decembro de 2003 e no xornal La Voz de Galicia do 17 de decembro de 2003.

    Nesta resolución declárase beneficiaria da expropiación a Universidade da Coruña, de conformidade co artigo 2 da Lei de expropiación forzosa e cos artigos 4 e 5 do seu regulamento.

  4. A taxación foi notificada individualmente aos que aparecían como titulares de bens e dereitos no expediente, dándoselles traslado literal da correspondente folla de aprecio e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que formulasen alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de notificación, tal e como sinala o...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR