Decreto 444/2003, do 18 de decembro, de traspaso do Instituto Nacional de Educación Física de Galicia (INEFG) á Universidade da Coruña.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO
Rango de LeyDecreto

O Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, recoñécelle á nosa comunidade a competencia exclusiva en materia de promoción do deporte e a axeitada utilización do ocio e en materia educativa, conforme se establece nos seus artigos 27.22º e 32 respectivamente. Por outra banda, a través dos reais decretos 2434/1982, do 24 de xullo, e 3356/1983, do 28 de decembro, traspásanse á Comunidade Autónoma de Galicia tódalas funcións e servicios en materia de educación.

En relación ás materias sinaladas, o Decreto 323/1986, do 30 de outubro, creou como centro docente en materia físico-deportiva, o Instituto Nacional de Educación Física de Galicia, adscribíndoo á Consellería de Cultura e Benestar Social da Xunta de Galicia e vinculándoo á Universidade de Santiago de Compostela para efectos académicos.

Posteriormente, a Consellería de Cultura e Benestar Social suscribiu sendos convenios co Consello Superior de Deportes, 18 de setembro de 1986, e coa Deputación Provincial da Coruña, 24 de febreiro de 1987, co fin de financiar e desenvolve-lo Instituto Nacional de Educación Física de Galicia situado en Bastiagueiro, termo municipal de Oleiros, provincia da Coruña.

En virtude do Decreto 3/1990, do 11 de xaneiro, de segregación de centros e servicios da universidade de Santiago de Compostela ás novas Universidades da Coruña e Vigo, o Instituto Nacional de

Educación Física de Galicia queda segregado á Universidade da Coruña como centro propio e adscrito.

Pola súa parte o Real decreto 1423/1992, do 27 de novembro, polo que se dispón a incorporación das ensinanzas de educación física á universidade prevé, na súa disposición transitoria primeira, que a Administración competente poderá proceder á integración dos actuais institutos de educación física nos que se imparten as ensinanzas de Educación Física nas universidades que corresponda, logo de acordo destas e cumpridos os requisitos legais.

En sucesivas actuacións adecuáronse as condicións laborais do profesorado no marco dos sucesivos convenios colectivos únicos para o persoal laboral da Xunta de Galicia. Proceso que foi iniciado a través do acordo do...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR