Decreto 50/2005, do 10 de marzo, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial da Coruña, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de acondicionamento da estrada provincial 3802 de Ordes a Ponte Carreira, punto quilométrico 0,00 ao punto quilométrico 0,71 (termo municipal de Ordes).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

A Deputación Provincial da Coruña, en sesión que tivo lugar o día trinta de xullo de dous mil catro, aprobou o proxecto de acondicionamento da estrada provincial 3802 de Ordes a Ponte Carreira, punto quilométrico 0,00 ao punto quilométrico 0,71, e na sesión do vinte e cinco de novembro de dous mil catro acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens en que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

Que o dito expediente tivo entrada na Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local e, solicitado informe á Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, este foi emitido favorablemente.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que, segundo sinala a deputación, a actuación é necesaria para evitar o altísimo risco de accidentes con perigo para a vida humana, debido á existencia de curvas perigosas con pequeno raio, edificacións e vivendas pegadas á estrada, o estado do firme e o largo da calzada de dimensións inferiores ás necesidades dos vehículos.

A competencia para a declaración...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR