Decreto 38/2005, do 24 de febreiro, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial de Lugo, dos bens e dereitos necesarios para a realización da obra número 115, Plan de Obras e Servizos 2003 Carballedo, estrada provincial da Barrela por Esmoriz á estrada comarcal 533, alargamento e mellora punto quilométrico 4,900 ao 5,900 (termo municipal de Carballedo).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

A Deputación Provincial de Lugo, en sesión celebrada o día un de agosto de dous mil tres, aprobou

o proxecto da obra nº 115, Plan de Obras e Servizos 2003 Carballedo, estrada provincial da Barrela por Esmoriz á estrada comarcal 533, alargamento e mellora punto quilométrico 4,900 ao 5,900 e, na sesión do vinte e sete de setembro de dous mil catro, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens en que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu á información pública.

Que o dito expediente tivo entrada na Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local e, solicitado informe á Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, esta emitiu informe favorable.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que segundo sinala a deputación, as obras que se realizarán consisten no alargamento da plataforma e aumento do raio das curvas, nunha vía de comunicación que conta con características moi restritivas en largo de calzada e visibilidade, dado o accidentado do terreo e a antigüidade da súa construción, o que afecta de maneira significativa a seguridade viaria tanto do tráfico rodado como peonil, polo que a actuación proxectada reduciría o risco de accidentes de tráfico.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, por...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR