Decreto 278/2004, do 18 de novembro, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial de Pontevedra, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de alargamento e mellora da estrada provincial PO-400 á Estación, (concello das Neves).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

A Deputación Provincial de Pontevedra, en sesión celebrada o día vinte e catro de setembro de dous mil catro, aprobou o proxecto de alargamento e mellora da estrada provincial PO-400 á Estación e, na sesión do vinte e oito de xaneiro de dous mil catro, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Por parte da Deputación Provincial de Pontevedra foi remitida a documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local o día dous de novembro de dous mil catro.

Os bens en que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local o día vinte e un de xuño de dous mil catro.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que segundo sinala a deputación, a actual estrada

resulta totalmente insuficiente para o abundante tráfico rodado que circula por ela, que conta ademais cunha capa de rodadura que presenta graves desperfectos nunha estrada con excesiva sinuosidade, co risco de accidentes que leva consigo, polo que a súa ampliación e mellora é fundamental para garantir a seguridade vial e a fluidez do tráfico, nunha zona densamente poboada.

A competencia para a...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR