Decreto 77/2004, do 2 de abril, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial de Pontevedra, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de alargamento, drenaxe e mellora da seguridade vial dos accesos ao cemiterio municipal de Lalín, concello de Lalín.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

A Deputación Provincial de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día vinte e sete de decembro de dous mil dous, aprobou o proxecto de alargamento, drenaxe e mellora da seguridade vial dos accesos ao cemiterio municipal de Lalín e, na mesma sesión, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A Deputación Provincial de Pontevedra remitiu a documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente, con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local o día vinte e catro de febreiro de dous mil catro.

Os bens en que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable ás citadas obras, sinalando que o solo afectado está clasificado actualmente no Plan Xeral de Ordenación Municipal como solo rústico, polo que a execución das obras non pode implicar en ningún caso a súa transformación en solo urbano. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local o día tres de marzo de dous mil catro.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que, segundo sinala a deputación, a actuación é necesaria para dotar de beirarrúas e servizos os accesos ao cemiterio municipal de Lalín, toda vez que resulta ser unha zona de abundante tránsito de vehículos e peóns, incrementándose, como é lóxico, nos días que se produce algún enterramento, o cal xera na actualidade un grave perigo para a seguridade vial, polo que a realización do...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR