Decreto 134/2005, do 19 de maio, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial de Lugo, dos bens e dereitos necesarios para a realización da obra número 93 Plan de Obras e Servizos 2004. Lourenzá-estrada provincial de San Xurxo a Arroxo. Mellora do punto quilométrico 2,000 ao 3,630 (termo municipal de Lourenzá).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

A Deputación Provincial de Lugo, en sesión que tivo lugar o día vinte de agosto de dous mil catro, aprobou o proxecto da obra nº 93 Plan de Obras e Servizos 2004 Lourenzá-estrada provincial de San Xurxo a Arroxo. Mellora do punto quilométrico 2,000 ao 3,630 e, na sesión do un de xaneiro de dous mil cinco, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación, están determinados no expediente que se someteu a información pública.

Que o dito expediente tivo entrada na Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local e, solicitado informe á Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, este foi emitido favorablemente.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que, segundo sinala a deputación, faise necesaria unha mellora substancial da actual vía, debido ao seu trazado angosto e con curvas, ao obxecto de evitar a sinistrabilidade que esta provoca na actualidade, dado que se reduciría o risco potencial de accidentes de tráfico nun futuro.

A competencia para a declaración da urxente...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR