Decreto 135/2005, do 19 de maio, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial da Coruña, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de mellora da seguridade vial na estrada provincial 6121 en Feás, desde o punto quilométrico 2,379 ao punto quilométrico 3,710, 1ª fase (termo municipal de Cariño).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

A Deputación Provincial da Coruña, en sesión que tivo lugar o día trinta de xullo de dous mil catro, aprobou o proxecto de mellora da seguridade vial na estrada provincial 6121 en Feás, desde o punto quilométrico 2,379 ao punto quilométrico 3,710, 1ª fase e, na sesión do vinte e cinco de novembro de dous mil catro, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

Que o dito expediente tivo entrada na Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local e, solicitado informe á Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, este foi favorable, e así mesmo, solicitado informe á Dirección Xeral de Recursos Mariños da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, neste fai

se mención á adopción dunhas condicións para a realización do citado proxecto, que deberán ser cumpridas polo executor deste.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que, segundo sinala a deputación, a actuación é necesaria para evitar o altísimo risco de accidentes con perigo para a vida humana, debido á existencia de curvas perigosas con pequeno raio, edificacións e vivendas pegadas á estrada, o estado do firme da estrada, o largo da calzada de dimensións inferiores ás necesidades dos vehículos e a intensidade media do tráfico.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ao Consello da...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR