Decreto 150/2006, do 31 de agosto, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial da Coruña, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de ampliación e mellora do trazado da estrada provincial 5404 do punto quilométrico 6,500 ao final de Xuvia á praia da Frouxeira (termo municipal de Valdoviño).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

A Deputación Provincial da Coruña, en sesión celebrada o día dezaseis de setembro de dous mil cinco, aprobou o proxecto de ampliación e mellora do trazado da estrada provincial 5404 do punto quilométrico 6,500 ao final de Xubia á praia da Frouxeira e, na sesión do vinte e tres de febreiro de dous mil seis, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu á información pública.

Que o dito expediente tivo entrada na Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza contén a certificación acreditativa da Deputación Provincial da Coruña da adecuación do proxecto de referencia ao disposto na Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que segundo sinala a deputación, a estrada existente resulta moi perigosa polo seu deficiente estado actual, cun risco elevado de accidentes con perigo para a vida humana, debido á existencia de curvas perigosas con pequeno raio con edificacións e vivendas pegadas á estrada, engadindo a circunstancia de que o largo da calzada é de dimensións inferiores ás necesidades dos vehículos.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR