Decreto 176/2006, do 28 de setembro, polo que se declara a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial da Coruña, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de ampliación e mellora da estrada provincial 2404, A Laracha á Silva por Golmar, punto quilométrico 11,850 ao 13,710.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

A Deputación Provincial da Coruña, en sesión do día dezaseis de setembro de dous mil cinco, aprobou

o proxecto de ampliación e mellora da estrada provincial 2404, A Laracha á Silva por Golmar, punto quilométrico 11,850 ao 13,710 e, na sesión do vinte e sete de abril de dous mil seis, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens nos cales se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

Que o dito expediente tivo entrada na Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e contén a certificación acreditativa da Deputación Provincial da Coruña da adecuación do proxecto de referencia ao disposto na Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que segundo sinala a deputación a actuación é necesaria co fin de evitar o altísimo risco de accidentes con perigo para a vida humana, debido á existencia, entre outros extremos, de curvas perigosas con pequeno raio, edificacións e vivendas pegadas á estrada, o estado do firme, o largo da calzada, de dimensións inferiores ás necesidades dos vehículos, a intensidade media do tráfico e a existencia de camiños e estradas que acceden con interseccións mal acondicionadas e perigosas.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR