Decreto 42/2007, do 8 de marzo, polo que se declara a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial da Coruña, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de ampliación e mellora do trazado da estrada provincial 0106 de Ameás a Oza dos Ríos, punto quilométrico 8,600 ao 14,700.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

A Deputación Provincial da Coruña, en sesión do día dezaseis de setembro de dous mil cinco, aprobou o proxecto de ampliación e mellora do trazado da estrada provincial 0106 de Ameás a Oza dos Ríos, punto quilométrico 8,600 ao 14,700 e, na sesión do vinte e sete de abril de dous mil seis, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens en que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

Que este expediente tivo entrada na Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e contén a xustificación acreditativa da motivación para a declaración de urxente ocupación.

Que o expediente foi tratado na Comisión de Secretarios Xerais logo da súa elevación ao Consello da Xunta de Galicia.

Que o expediente contén a documentación a que se refire o artigo primeiro da Orde do 7 de decembro de 1983, sobre declaracións de urxente ocupación, así como a exixida no artigo 3 da Lei 11/1996, do 27 de decembro, de medidas de disciplina orzamentaria.

En consecuencia, considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que, segundo sinala a deputación, a actuación é necesaria co fin de evitar o

altísimo risco de accidentes, tanto para o tráfico rodado como para o peonil, á hora de circular pola estrada, debido á existencia, entre outros extremos, de curvas perigosas con pequeno raio, edificacións e vivendas pegadas á estrada, ao estado do piso, ao largo da calzada, de dimensións inferiores ás necesidades dos vehículos, á intensidade media do tráfico, camiños e estradas que acceden con interseccións mal acondicionadas e perigosas, e á...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR