Decreto 47/2006, do 9 de marzo, polo que se declara a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial da Coruña, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de ampliación e mellora do trazado da estrada provincial 3503 Maniños a Ponte Rego por San Marcos, punto quilométrico 0,400 a punto quilométrico 1,200 (termo municipal de Fene).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

A Deputación Provincial da Coruña, en sesión que tivo lugar o día trinta de xullo de dous mil catro,

aprobou o proxecto de ampliación e mellora do trazado da estrada provincial 3503 Maniños a Ponte Rego por San Marcos, punto quilométrico 0,400 a punto quilométrico 1,200, e na sesión do vinte e cinco de novembro de dous mil catro acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

Que o dito expediente tivo entrada na Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e, solicitados informes á Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, e á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Deporte, estes foron emitidos favorablemente, facendo mención neste último á adopción dunha serie de condicións que deberán terse en conta para a realización do citado proxecto.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que, segundo sinala a deputación, a actuación é necesaria para evitar o altísimo risco de accidentes con perigo para a vida humana, debido á existencia de curvas perigosas con pequeno raio, edificacións e vivendas pegadas á estrada, o estado do firme da estrada, o largo da calzada de dimensións inferiores ás necesidades dos vehículos, e a intensidade media do tráfico.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR