Decreto 84/2007, do 12 de abril, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial da Coruña, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de construción de variante entre o punto quilométrico 1,750 e o punto quilométrico 2,450 da estrada provincial 9302 de Caxadas a Baíñas.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

A Deputación Provincial da Coruña en sesión que tivo lugar o día vinte e tres de febreiro de dous mil seis, aprobou o proxecto de construción de variante entre o p.k. 1,750 e o p.k. 2,450 da estrada provincial 9302 de Caxadas a Baíñas e, na sesión do vinte e oito de setembro de dous mil seis, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens en que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

Que este expediente tivo entrada na Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e o mesmo contén a xustificación acreditativa da motivación para a declaración de urxente ocupación.

Que o expediente foi tratado na comisión de secretarios xerais previa á súa elevación ao Consello da Xunta de Galicia.

Que o expediente contén a documentación a que se refire o artigo 1 da Orde do 7 de decembro de 1983, sobre declaracións de urxente ocupación, así como a exixida no artigo 3 da Lei 11/1996, do 27 de decembro, de medidas de disciplina orzamentaria.

En consecuencia considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que, segundo sinala a deputación, a actuación é necesaria co fin de evitar o altísimo risco de accidentes, tanto para o tráfico rodado como para o peonil, á hora de circular por unha estrada que comunica as localidades de Caxadas a Baíñas, e que beneficiaría o núcleo de poboación de Caxadas, que grazas á variante non será atravesado pola gran cantidade de vehículos pesados que transitan pola zona debido á presenza dunha canteira. Sinalar, así mesmo, a existencia, entre outros extremos, de curvas perigosas con pequeno raio, edificacións e vivendas pegadas á estrada, o estado do piso, o largo da calzada, de dimensións...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR