Decreto 71/2008, do 27 de marzo, polo que se declara a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial de Pontevedra, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de urbanización da rúa Sanxenxo (termo municipal de Sanxenxo).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

A Deputación Provincial de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día vinte e seis de outubro de dous mil sete, aprobou o proxecto de urbanización da rúa Sanxenxo e, na mesma sesión, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens en que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

Que o devandito expediente tivo entrada na Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e contén a xustificación acreditativa da motivación para a declaración de urxente ocupación.

Que o expediente foi tratado na comisión de secretarios xerais previa á súa elevación ao Consello da Xunta de Galicia.

Que o expediente contén a documentación a que se refire o artigo primeiro da Orde do 7 de decembro de 1983, sobre declaracións de urxente ocupación, así como a exixida no artigo 3 da Lei 11/1996, do 27 de decembro, de medidas de disciplina orzamentaria.

En consecuencia, considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que, segundo sinala a Deputación, a actuación consiste en dotar dos servizos básicos de competencia municipal como son a rede de sumidoiros, a de abastecemento, a iluminación pública, a rede de media e baixa tensión e, principalmente, a construción de beirarrúas, que mellorará notablemente a seguridade viaria dos peóns que, nestes momentos, poñen en constante perigo a súa integridade física, xa que ao transitaren por este tramo de estrada deben invadir parte da zona de circulación co risco para a vida humana que comporta, situación que se...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR