Decreto 117/2005, do 28 de abril, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial de Lugo, dos bens e dereitos necesarios para a realización da obra 386 Plan Operativo Local 2004 Pedrafita do Cebreiro. Hospital-Seoane do Courel. Alargamento e mellora. Variante de Lousada. Continuación punto quilométrico 6,70-10,70 (termo municipal de Pedrafita do Cebreiro).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

A Deputación Provincial de Lugo, en sesión que tivo lugar o día vinte de agosto de dous mil catro, aprobou o proxecto da obra nº 386 Plan Operativo Local 2004 Pedrafita do Cebreiro. Hospital-Seoane do Courel. Alargamento e mellora. Variante de Lousada. Continuación punto quilométrico 6,70-10,70 e, na sesión do vinte e sete de decembro de dous mil catro, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens en que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

Que o dito expediente tivo entrada na Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local e, solicitado informe á Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, este foi emitido favorablemente.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que, segundo sinala a deputación, a actual estrada presenta un trazado extremadamente perigoso, cunhas curvas de raio moi reducido, polo que se proxecta unha variante que eliminaría os riscos para a seguridade vial e, que ademais, suporía unha mellora notable para comunicar esta zona da montaña oriental luguesa, a cal presenta índices de despoboamento alarmante, debido ao seu illamento e falta de comunicacións.

A competencia para a declaración da urxente ocupación...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR