Decreto 74/2010, do 22 de abril, polo que se declara a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de acondicionamento da DP 3404 A Serra de Outes a Dumbría entre os p.k. 31,230 a 31,710 da Deputación Provincial da Coruña.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

A Deputación Provincial da Coruña en sesión que tivo lugar o día vinte e nove de maio de dous mil nove, aprobou o proxecto de acondicionamento da DP 3404 A Serra de Outes a Dumbría entre os p.k. 31,230 a 31,710 e, na mesma sesión, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa, ratificada na data do dezaoito de decembro de dous mil nove, ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens en que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

Que o dito expediente tivo entrada na Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e contén a xustificación acreditativa da motivación para a declaración de urxente ocupación.

Que o expediente se tratou na Comisión de Secretarios Xerais previa á súa elevación ao Consello da Xunta de Galicia.

Que o expediente contén a documentación a que se refire o artigo primeiro da Orde do 7 de decembro de 1983, sobre declaracións de urxente ocupación, así como a exixida no artigo 3 da Lei 11/1996, do 27 de decembro, de medidas de disciplina orzamentaria.

En consecuencia, considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que, segundo sinala a Deputación Provincial da Coruña, se considera unha actuación necesaria debido, entre outros extremos, ás deficiencias existentes no trazado, das cales cómpre salientar a falta de espazos claramente delimitados tanto para os peóns como para os vehículos, co conseguinte perigo existente para a vida, unido á existencia dunha curva pechada e cun raio reducido, que limita a visibilidade, onde xa ten acontecido algún...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR