Decreto 79/2008, do 3 de abril, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Ribadeo, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de recuperación ambiental da enseada de Vilavella, senda peonil de conexión coas Aceas e rehabilitación dos muíños de marea e de regato.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

O Concello de Ribadeo, en sesión que tivo lugar o día doce de novembro de dous mil sete, aprobou o proxecto de recuperación ambiental da enseada da Vilavella, senda peonil de conexión coas Aceas e rehabilitación dos muíños de marea e de regato e, na mesma sesión, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens en que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

O dito expediente tivo entrada na Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e contén a xustificación acreditativa da motivación para a declaración de urxente ocupación.

O expediente foi tratado na comisión de secretarios xerais previamente á súa elevación ao Consello da Xunta de Galicia.

Que o expediente contén a documentación a que se refire o artigo primeiro da Orde do 7 de decembro de 1983, sobre declaracións de urxente ocupación, así como a exixida no artigo 3 da Lei 11/1996, do 27 de decembro, de medidas de disciplina orzamentaria.

En consecuencia, considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que, segundo sinala o concello, con esta actuación se trata de facer efectiva a servidume de tránsito peonil a través dunha senda, co obxecto de evitar que as persoas transiten por unha estrada estreita, con curvas, sombría e con numerosas árbores, que carece practicamente de beiravía e sen beirarrúas, nunha vía cun alto tráfico de camións de mercadorías, o que reduciría o risco elevado de accidentes con perigo para a vida humana. Acadaríase ademais a rehabilitación do dominio público marítimo-terrestre e a recuperación do patrimonio, actualmente moi degradados, efectuando unha rehabilitación e conservación ambiental de todo o ámbito. A urxencia na ocupación para a realización das obras vén...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR