Decreto 139/2005, do 12 de maio, polo que se declara a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial de Lugo, dos bens e dereitos necesarios para a realización da obra número 132 Plan de obras e servizos 2004 O Saviñao-estrada provincial de Torno ao Gorgozo. Alargamento e mellora do punto quilométrico 0,000 ao 0,900 (termo municipal do Saviñao).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA
Rango de LeyDecreto

A Deputación Provincial de Lugo en sesión celebrada o día dezanove de novembro de dous mil catro, aprobou o proxecto da obra nº 132 Plan de obras e servizos 2004 O Saviñao-estrada provincial de Torno ao Gorgozo, alargamento e mellora do punto quilométrico 0,000 ao 0,900 e, na sesión do vinte e

sete de decembro de dous mil catro, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens en que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

Que o dito expediente tivo entrada na Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local e, solicitado informe á Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, este foi emitido favorablemente.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que segundo sinala a deputación, nesta vía incrementouse de forma notable a circulación nos derradeiros anos, xa que serve de enlace entre a estrada provincial Escairón-Currelos e a vía autonómica C-533, polo que a mellora desta vía reducirá o risco de accidentes ao tempo que desconxestionará a circulación pola indicada vía autonómica.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día doce de maio de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo único

De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, pola Deputación Provincial de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR