Decreto 37/2004, do 6 de febreiro, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello do Incio, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de mellora do abastecemento de auga no Incio.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

O Concello do Incio en sesión celebrada o día vinte de novembro de dous mil tres, aprobou o proxecto de mellora do abastecemento de auga no Incio e, na mesma sesión, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Por parte do Concello do Incio foi remitida a documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local o día vintetrés de xaneiro de dous mil catro.

Os bens en que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local o día vinte de xaneiro de dous mil catro.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que, segundo sinala o concello, a execución do proxecto é imprescindible para poder abastece-las zonas baixas do municipio, carentes do servicio municipal de auga nestes momentos, e con grandes problemas de abastecemento, pola paulatina contaminación dos acuíferos e a conseguinte clausura dos pozos, debida á proliferación de fertilizantes nitroxenados, xa sexa en forma de xurros xa sexa en compostaxes para as zonas forestais, acentuada neste caso polas fortes pendentes do contorno e por estar situada a zona que nos ocupa na parte baixa da ladeira, sendo por tanto a zona máis vulnerable. Así mesmo, é preciso construír uns novos depósitos no lugar dos existentes e nos seus arredores, xa que se atopan nun estado de deterioración tal que supón un gran risco para a salubridade pública, pois son máis vulnerables ás contaminacións...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR