Decreto 66/2006, do 20 de abril, polo que se deixa sen efecto o Decreto 587/2005, do 29 de decembro, polo que se declara a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Barro, dos bens e dereitos necesarios para a realización do proxecto de mellora do contorno de Barosa.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

Con data do 9 de xuño de 2005 asinouse un convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, a Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos e o Concello de Barro para a execución das obras recollidas no proxecto técnico denominado «Mellora do medio natural e defensa ante inundacións. Mellora do contorno de Barosa, Barro, Pontevedra. OH.436.639».

Segundo as cláusulas do citado convenio, o Concello de Barro comprometíase a poñer á disposición da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos, libres de cargas e gravames, os terreos en que se tiñan que realizar as obras recollidas no proxecto, así como os correspondentes permisos e autoriza

cións necesarias. A Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos obrigábase a contratar as obras e asumir o seu financiamento.

A Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos a través da Resolución do 10 de xuño de 2005, anunciou a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia para a adxudicación do contrato de execución das obras de «Mellora do medio natural e defensa ante inundacións. Mellora do contorno de Barosa».

Unha nova programación das actuacións en materia hidráulica de inadiable execución motivou a resolución da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos, do 23 de setembro de 2005, pola que se daban por finalizados varios procedementos de contratación, entre eles a licitación do contrato administrativo de execución de obra de clave OH.436.639, procedendo o arquivo dos expedientes de licitación e de gasto e demais trámites e actuacións realizados.

As circunstancias que xustificaron no seu día o excepcional procedemento da declaración de urxencia dos bens e dereitos necesarios para a realización do proxecto de mellora do contorno de Barosa cambiaron substancialmente no tempo transcorrido.

O arquivo dos expedientes de licitación e de gasto aconsellan deixar sen efecto a...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR