Decreto 115/2005, do 28 de abril, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Foz, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de recuperación e rexeneración do bordo litoral da praia de Caosa e acondicionamento da desembocadura do río Ouro.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

O Concello de Foz, en sesión que tivo lugar o día dous de abril de dous mil catro, aprobou o proxecto de recuperación e rexeneración do bordo litoral da praia de Caosa e acondicionamento da desembocadura do río Ouro e, na sesión do tres de decembro de dous mil catro, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens en que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

Este expediente tivo entrada na Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local e solicitados informes á Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, á Consellería de Medio Ambiente e á Dirección Xeral de Recursos Mariños da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, estes foron emitidos favorablemente.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que segundo sinala o concello, a actuación consiste na recuperación e rexeneración de zonas degradadas ambientalmente, por recibir tanto as augas pluviais como as do mar, e permanecer estancadas, o que produce danos no ambiente, e incluso riscos de salubridade á poboación, ademais de malos olores; ordénase con estas obras unha zona que está en pésimas condicións de salubridade, como xa se indicou, e de limpeza en xeral. Así mesmo, tendo en conta

que o mar lle gaña terreo á terra continuamente, con este proxecto recupérase esta.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ao Consello da...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR