Decreto 190/2005, do 23 de xuño, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Salvaterra de Miño, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de acondicionamento na muralla norte da fortaleza de Salvaterra de Miño.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

O Concello de Salvaterra de Miño en sesión celebrada o día vinte e seis de xaneiro de dous mil cinco, aprobou o proxecto de acondicionamento na muralla norte da fortaleza de Salvaterra de Miño e, na mesma sesión, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

Que o dito expediente tivo entrada na Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local e, solicitados informes á Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, e á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, estes foron emitidos favorablemente.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que segundo sinala o concello, a actuación é necesaria debido ao mal estado de conservación da mura

lla, co conseguinte perigo de desprendemento de pedras que puidesen causar danos persoais, e posibilitando ademais o adecentando e limpeza, evitando focos de infección e posibles incendios, que poderían facer perigar as vivendas lindantes; así mesmo estase a producir a desaparición das pedras propias da antigua muralla, o que supón unha perda do patrimonio histórico artístico, polo que o proxecto evitaría a grave deterioración que se está a producir.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ao Consello...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR