Decreto 116/2005, do 28 de abril, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Barro, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de accesos a Constenla-Barro.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

O Concello de Barro, en sesión que tivo lugar o día 10 de xuño de 2004, aprobou o proxecto de accesos a Constenla-Barro e, na mesma sesión, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

Que o dito expediente tivo entrada na Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local e, soli

citado informe á Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, este foi emitido facendo mención a unha serie de condicións para a realización do citado proxecto, e déuselle traslado do citado proxecto ao concello, que formulou alegacións ao respecto. As ditas alegacións fóronlle remitidas á Dirección Xeral de Urbanismo; transcorridos os dez días previstos no artigo 83 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, sen que a indicada dirección xeral fixera observacións a elas, continuouse o expediente, quedando, en todo caso, o concello suxeito estritamente ao cumprimento e veracidade das circunstancias referidas no seu escrito de alegacións.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que segundo sinala o concello, a vía na maioría dos tramos non acada o largo suficiente, e que, tendo en conta ademais que o núcleo de Constenla está situado nunha zona con abundante vexetación e terreos boscosos, presenta un perigo real no caso de incendio, o que provocaría que nalgunhas vivendas non sería posible a prestación do servizo de extinción, xa que os camións que se empregan, non terían acceso posible ás citadas vivendas. Así...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR