Decreto 84/2004, do 23 de abril, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Barro, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de accesos a Balixe da parroquia de Perdecanai.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

O Concello de Barro, en sesión que tivo lugar o día dezaoito de setembro de dous mil tres, aprobou

o proxecto de accesos a Balixe da parroquia de Perdecanai e, na mesma sesión, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

O Concello de Barro remitiu a documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente, con data de entrada no rexistro xeral da Con

sellería de Xustiza, Interior e Administración Local o día seis de febreiro de dous mil catro.

Os bens en que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local o día tres de decembro de dous mil tres.

A Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente emitiu informe sobre o proxecto, no cal formula diversas consideracións que se deberán ter en conta, para o efecto de que a realización das obras teñan as mínimas afeccións ao medio natural. O dito informe tivo data de entrada no rexistro da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local o día vinte e dous de marzo de dous mil catro.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que, segundo sinala o concello, a urxencia se basea nos numerosos accidentes que ocorren no entroncamento da estrada nacional 550 debido á súa extrema estreiteza, que incluso impide circular nun tramo a máis dun vehículo, véndose obrigados a se deteren en puntos perigosos da estrada, polo que...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR