Decreto 40/2007, do 8 de marzo, polo que se declara a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial da Coruña, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de mellora da seguranza viaria na estrada provincial 0205 de Bertamiráns á Ramallosa. Proxecto de rotonda na intersección da Bola.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

A Deputación Provincial da Coruña, en sesión celebrada o día vinte e nove de setembro de dous mil

cinco, aprobou o proxecto de mellora da seguranza viaria na estrada provincial 0205 de Bertamiráns á Ramallosa. Proxecto de rotonda na intersección da Bola e, na sesión do vinte e nove de xuño de dous mil seis, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens en que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

Que o dito expediente tivo entrada na Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza,

e contén a xustificación acreditativa da motivación para a declaración de urxente ocupación.

Que o expediente foi tratado na comisión de secretarios xerais previa á súa elevación ao Consello da Xunta de Galicia.

Que o expediente contén a documentación a que se refire o artigo primeiro da Orde do 7 de decembro de 1983, sobre declaracións de urxente ocupación, así como a exixida no artigo 3 da Lei 11/1996, do 27 de decembro, de medidas de disciplina orzamentaria.

En consecuencia, considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que, segundo sinala a deputación, a actuación é necesaria dado que a intersección actual está situada nun cambio de rasante de reducida visibilidade e constitúe un cruzamento perigoso, polo que o obxectivo é mellorar a seguranza viaria na intersección mediante a construción dunha rotonda que canalice os movementos de xiro e obrigue a moderar a velocidade dos vehículos co fin de evitar o altísimo risco de accidentes con perigo para a vida humana.

A competencia para...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR