Decreto 140/2005, do 12 de maio, polo que se declara a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Calvos de Randín, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de servidume de acueduto á rede de abastecemento de auga potable no núcleo de Calvos.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA
Rango de LeyDecreto

O Concello de Calvos de Randín, en sesión que tivo lugar o día vinte e nove de setembro de dous mil catro, aprobou o proxecto de servidume de acueduto á rede de abastecemento de auga potable no núcleo de Calvos e, na mesma sesión, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens en que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

Que o dito expediente tivo entrada na Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local e, solicitados informes á Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, e á Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente, estes foron emitidos favorablemente, facendo mención neste último á adopción dunha serie de condicións para a realización do citado proxecto.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que, segundo sinala o concello, a prestación do servizo de abastecemento domiciliario de auga potable ao núcleo de Calvos de Randín, vese gravemente afectada, debéndose solucionar dun xeito eficaz no menor prazo posible de tempo, para poder garantir unha subministración continua e suficiente, indispensable para os veciños e para diversos centros coma os de saúde pública, colexios, etc., evitando así a escasez de auga e cortes na subministración, ao poder actuar rapidamente nas conducións da rede de abastecemento de auga potable.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia, segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, por...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR