Decreto 15/2011, do 28 de xaneiro, polo que se regulan as artes, aparellos, útiles, equipamentos e técnicas permitidos para a extracción profesional dos recursos mariños vivos en augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DO MAR
Rango de LeyDecreto

Galicia é unha rexión en que a pesca, a acuicultura e o marisqueo adquiren unha grande importancia. A actividade profesional pesqueira en Galicia constitúe un sector estratéxico tanto polo seu peso económico, debido aos ingresos que lles proporciona ás comunidades costeiras, nas cales estas actividades constitúen o motor principal, e con frecuencia único, da súa economía, como pola súa dimensión social.

Os recursos pesqueiros e marisqueiros localizados nas augas do ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia son fundamentais para o desenvolvemento da industria pesqueira, tanto na súa vertente extractiva, transformadora e comercial, por ser a base dun conxunto de actividades indisociables que xeran unha actividade económica en si que precisa dun fomento e unha planificación adecuados, de acordo co disposto no artigo 30º.1.1 e 2 do Estatuto de autonomía de Galicia.

O Estatuto de autonomía de Galicia atribúelle á Comunidade Autónoma, nos seus artigos 27º e 28º, a competencia exclusiva en materia de pesca en augas interiores, marisqueo e acuicultura, así como a competencia para o desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado no ámbito da ordenación do sector pesqueiro. En exercicio destas competencias ditouse a Lei 11/2008, do 11 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, que no seu artigo 6º establece que a política da Administración autonómica terá como obxectivos, en relación coa conservación e a xestión dos recursos pesqueiros e marisqueiros -entre outros-os do establecemento e a regulación de medidas dirixidas á conservación, á xestión e a explotación responsable, racional e sustentable dos recursos mariños vivos.

A Consellería do Mar é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma ao cal lle corresponde desenvolver as competencias e funcións, entre outras, en materia de ordenación pesqueira en augas interiores, marisqueo e acuicultura.

A regulamentación das artes de pesca é necesaria en si mesma como elemento indispensable na regulación das pesqueiras pola súa influencia directa no esforzo pesqueiro exercido sobre os recursos pesqueiros e marisqueiros galegos. As súas dimensións, características e uso deberán estar perfectamente definidas co fin de garantir unha explotación racional e sustentable dos recursos mariños.

Actualmente a actividade pesqueira, as artes e os aparellos permisibles en Galicia están regulados polo Decreto 424/1993, do 17 de decembro, polo que se aproba o Regulamento da actividade pesqueira e das artes e aparellos de pesca permisibles en Galicia, coas modificacións realizadas polo Decreto 369/1994 do 2 de decembro, o Decreto 294/1998 do 8 de outubro, o Decreto 339/1999, do 16 de decembro, o Decreto 348/2002, do 13 de decembro e o Decreto 198/2004, do 29 de xullo.

Por medio destas modificacións, pretendeuse adaptar a normativa ás novas disposicións comunitarias e estatais, co fin de homoxeneizar as condicións da actividade pesqueira. Así como, ante a evidencia da necesidade de axustar aspectos concretos da regulamentación cara a consecución dunha mellor preservación do recurso, e o máximo benestar social dos colectivos implicados nesa actividade, modificouse o Decreto 424/1993, do 17 de decembro, para que se puidese estudar o alcance de concretas modificacións da regulamentación básica dunha determinada arte ou aparello de pesca, vía autorización da consellaría competente, así como a regulación de novas artes ou aparellos de pesca, para constatar cientificamente que a nova regulación permitirá alcanzar os obxectivos propios e legalmente definidos dunha adecuada explotación dos recursos mariños, para poder ser incorporados á regulación xeral do Regulamento de artes e aparellos de pesca.

Certos plans de explotacións experimentais, introducidos por medio do Decreto 198/2004, do 29 de xullo, de modificación do Decreto 424/1993, do 17 de decembro, polo que se aproba o Regulamento da actividade pesqueira e das artes e aparellos de pesca permisibles en Galicia, demostraron o bo funcionamento dalgunhas artes e aparellos en determinados bancos marisqueiros, así como o seu respecto co medio e o recurso, polo que resultan viables e se demostra a conveniencia da súa incorporación á normativa que regula esta materia, artes e...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR