Decreto 223/2008, do 2 de outubro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado da obra de nova infraestrutura viaria Costa da Morte. Vía de alta capacidade Carballo-Berdoias. (Clave AC/06/140.01.75).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES
Rango de LeyDecreto

Mediante Resolución do 15 de abril de 2008, a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes adxudicou o contrato de concesión de obra pública para a construción e explotación da vía de alta capacidade Carballo-Berdoias. (Clave AC/06/140.01).

En virtude do disposto na cláusula 30 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o concurso de concesión, a sociedade adxudicataria Sociedade Concesionaria Baio, S.A., asume as facultades e obrigas previstas para o beneficiario da expropiación forzosa establecidas no artigo 5.2º do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, correspondendo a potestade expropiatoria á Xunta de Galicia.

A entidade mercantil Sociedade Concesionaria Baio, S.A., para a construción da citada vía de alta capacidade, precisa dispoñer dos terreos necesarios para a execución das obras comprendidas no proxecto de trazado da nova infraestrutura viaria Costa da Morte. Vía de alta capacidade Carballo-Berdoias, o cal foi aprobado pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes o 25 de setembro de 2008 coa clave AC/06/140.01.75.

De conformidade co artigo 16 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, a aprobación dos proxectos de estradas de titularidade autonómica implicará a declaración de utilidade pública e necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos correspondentes aos fins de expropiación, de ocupación temporal ou de imposición ou modificación de servidumes.

Os bens e dereitos en que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto técnico.

A declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras comprendidas no proxecto técnico sinalado considérase necesaria para dotar á comunidade autónoma dunha vía de alta...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR