Decreto 194/2010, do 18 de novembro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción da obra de seguranza viaria mellora da intersección da LU-710 (Baralla-O Cádavo) coa LU-530 (Lugo-A Fonsagrada), no termo municipal de Baleira. (Clave LU/06/267.01.1).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS
Rango de LeyDecreto

Por Resolución de 22 de maio de 2009, da Dirección Xeral de Infraestruturas (DOG nº 111, do 9 de xuño) aprobouse definitivamente a información pública da actuación de seguranza viaria Mellora da intersección da LU-710 (Baralla-O Cádavo) coa LU-530 (Lugo-A Fonsagrada), no termo municipal de Baleira. (Clave LU/06/267.01.1).

Con data do 6 de outubro de 2010, a Dirección Xeral de Infraestruturas resolveu aprobar o proxecto de construción da obra de referencia, o cal contén a relación detallada de bens e dereitos precisos para a execución desta actuación.

A xustificación da urxencia de ocupación dos bens e dereitos precisos para a execución desta obra vén motivada pola incidencia desta actuación na seguranza viaria, xa que supón substituír o actual cruzamento en T e con escasa visibilidade, da estrada LU-710 (Baralla-O Cádavo) coa LU-530 (Lugo-A Fonsagrada) por unha rotonda. Asemade, a nova rotonda mellora a conexión da estrada LU-530 coa estrada LU-750 O Cádavo-Meira.

A competencia para efectuar a declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo segundo do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

En virtude de todo o exposto e en aplicación do artigo 28º.2 do Estatuto de autonomía de Galicia e dos artigos 10º e 52º da Lei de expropiación forzosa, en relación co previsto no artigo...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR