Decreto 201/2007, do 18 de outubro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de mellora da seguranza viaria na AC-566 Narón (AC-862)-Campo do Hospital (AC-862); p.k. 1+150 ao 2+570. Clave AC/06/212.06.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES
Rango de LeyDecreto

Con data do 10 de setembro de 2007, o director xeral de Obras Públicas, por delegación da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, aprobou o proxecto de mellora da seguranza viaria na AC-566 Narón (AC-862)-Campo do Hospital (AC-862); p.k. 1+150 ao 2+570. Clave AC/06/212.06.

Os bens e dereitos en que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectuar a declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo 2 do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas, e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, considerándose xustificada a referida declaración pola súa incidencia favorable na seguranza viaria. No contorno da estrada xurdiron varias empresas que provocan moito movemento de camións, para regular os accesos á estrada é necesario reformala para dotala de vías de servizo o que obriga a reformar as interseccións.

En virtude de todo o exposto e en aplicación do artigo 28.2º do Estatuto de autonomía de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR