Decreto 94/2004, do 5 de maio, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación de bens e dereitos afectados polo proxecto de construción de ampliación e acondicionamento de marxes do encoro de Pontillón de Castro, Pontevedra.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO
Rango de LeyDecreto

Con data do 4 de maio de 2004 a Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado aprobou o proxecto de construción de ampliación e acon

dicionamento de marxes do encoro de Pontillón de Castro, Pontevedra.

Os bens e dereitos nos que se concreta a declaración urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectuar a declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo segundo do Decreto 146/1982, do 1 de decembro, sobre asunción de competencias en materia de cultura e asignadas, tralas oportunas reformas organizativas a esta Consellería, en virtude do Decreto 195/2003, do 20 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, considerándose imprescindible para posibilitar a construción dunha pista de piragüismo no citado encoro, de destacada relevancia deportiva e promocional de Galicia.

En virtude de todo o exposto e en aplicación do artigo 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia e dos artigos 10 e 52 da Lei de expropiación forzosa, a...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR