Decreto 445/2003, do 18 de decembro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado Plan Galicia: acondicionamento da estrada AC-414 Carballo-Malpica de Bergantiños, treito: Buño-Malpica de Bergantiños. (Clave AC/03/010.01.2).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA
Rango de LeyDecreto

Con data do 15 de decembro do 2003 o director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, aprobou o proxecto de trazado Plan Galicia: acondicionamento da estrada AC-414 Carballo-Malpica de Bergantiños, treito: Buño-Malpica de Bergantiños (clave AC/03/010.01.2).

Os bens e dereitos nos que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectua-la declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo segundo do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, considerándose xustificada na referida declaración pola súa incidencia na seguridade vial, toda vez que os usuarios poderán utilizar para os seus desprazamentos unha vía con parámetros e características que melloran substancialmente as súas condicións de circulación e, ó mesmo tempo, con tal actuación conséguese avanzar no cumprimento dos obxectivos do Plan de dinamización económica, Plan Galicia aprobado polo...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR