Decreto 25/2007, do 8 de febreiro, polo que se declara a utilidade pública das obras de remodelación de vial no peirao comercial do porto de Ribadeo, de clave LU-14-01-06-01, e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos aos que afectan.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES
Rango de LeyDecreto

Con data do 19 de setembro do 2006 o presidente de Portos de Galicia resolveu aprobar o proxecto das obras de remodelación de vía no peirao comercial do porto de Ribadeo.

O citado proxecto consiste na ampliación e desdobramento da vía de acceso ao peirao comercial, o que permitirá diferenciar o tráfico portuario do tráfico urbano da cidade, e establecer tamén un control de accesos ás instalacións portuarias, o que constitúe unha exixencia da normativa comunitaria de seguridade relativa ás medidas de protección de buques e instalacións portuarias afectadas naqueles portos incluídos dentro do ámbito de aplicación do código PBIP anexo ao Convenio SOLAS.

A teor do disposto no artigo 124 da Lei 48/2003, do 26 de novembro, de réxime económico e de prestación de servizos nos portos de interese xeral, aplicable subsidiariamente en defecto de lexislación autonómica propia, a aprobación dos proxectos leva implícita a declaración de interese portuario das obras e a necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados por elas.

De acordo cos termos da proposta elevada pola presidencia do ente público Portos de Galicia, para a execución das obras resulta preciso efectuar a demolición dunha serie de edificios e naves situados ao oeste da vía existente na actualidade entre os que figuran catro naves correspondentes a concesións administrativas en vigor.

Os bens e dereitos en que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no correspondente proxecto.

A declaración de urxencia na ocupación xustifícase en tanto que o comezo das obras da vía, que no que atinxe á normativa de acceso resultan de cumprimento obrigado consonte á normativa...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR