Decreto 54/2007, do 8 de marzo, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado da vía de alta capacidade Carballo-Fisterra, treito: VG-1.4 Cee-Sardiñeiro. (Clave AC/03/038.01).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES
Rango de LeyDecreto

Con data do 1 de decembro de 2006, o director xeral de Obras Públicas, por delegación da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, aprobou o proxecto de trazado da vía de alta capacidade Carballo-Fisterra, treito: VG-1.4 Cee-Sardiñeiro. Clave AC/03/038.01.

Os bens e dereitos en que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectuar a declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo segundo do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, considerando xustificada a referida declaración pola súa incidencia nas comunicacións en dirección Fisterra. O novo treito é unha variante de Cee-Corcubión que evita o paso do tráfico polo núcleo urbano de Cee-Corcubión, coa conseguinte incidencia na seguridade viaria, diminución da contaminación acústica e desconxestión do tráfico.

En virtude de todo o exposto e en aplicación do artigo 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia e dos artigos 10 e...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR