Decreto 579/2005, do 15 de decembro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado de mellora de trazado e capacidade da C-550 Cee-Tui. Treito: Muros-Noia. Subtreito: límite municipal de Muros con Serra de Outes-Noia. Clave: AC/03/006.01.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES
Rango de LeyDecreto

Con data do 11 de outubro de 2005 o director xeral de Obras Públicas, por delegación da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes aprobou o proxecto de trazado de mellora de trazado e capacidade da C-550 Cee-Tui. Treito: Muros-Noia. Subtreito: límite municipal de Muros con Serra de Outes-Noia. Clave: AC/03/006.01.

Os bens e dereitos nos que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectuar a declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo segundo do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, considerándose xustificada a referida declaración pola súa incidencia na seguridade vial. A actual estrada entre Noia e o límite municipal de Serra de Outes discurre, en su maior parte, por travesías altamente habitadas, con curvas de raio reducido e zonas de pouca visibilidade. Todo esto implica un gran perigo para os peóns que se ven obrigados a circular e cruzar pola estrada.

En virtude de todo o exposto e en aplicación do artigo 28.2º do Estatuto de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR