Decreto 212/2010, do 16 de decembro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado e construción da obra de conexión do porto seco de Monforte coas estradas LU-933 e CN-120, no municipio de Monforte de Lemos. (Clave LU/06/198.01).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS
Rango de LeyDecreto

Con data do 16 de novembro de 2010 a Dirección Xeral de Infraestruturas resolveu aprobar o proxecto de trazado e construción da obra: conexión do porto seco de Monforte coas estradas LU-933 e CN-120, no municipio de Monforte de Lemos. (Clave: LU/06/198.01).

A xustificación da urxencia de ocupación dos bens e dereitos precisos para a execución desta actuación vén motivada pola necesidade de absorber o tráfico inducido pola posta en funcionamento do futuro porto seco de Monforte, que constitúe una plataforma loxística e intermodal de intercambio de mercadorías. Esta actuación é precisa para posibilitar que a referenciada área loxística conte cos accesos e enlaces necesarios para a súa actividade.

A actuación proposta ten a súa orixe na zona do porto seco, continúa cara ao leste durante 500 metros, onde se constrúe unha glorieta. Posteriormente discorre durante 1,6 quilómetros cara ao sur ata a LU-933 (Monforte-límite coa provincia de Ourense), onde conecta cunha glorieta a nivel. A continuación proséguese cara ao sur ata a N-120 (Ponferrada-Vigo), conectando coa dita estrada mediante un enlace tipo diamante.

A competencia para efectuar a declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo segundo do Decreto 156/82, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

En virtude de todo o exposto e en aplicación do artigo 28º.2 do Estatuto de autonomía de Galicia e dos...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR