Decreto 78/2007, do 12 de abril, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado e estudo de impacto ambiental do corredor Brión-Noia. (Clave AC/03/008.01.3).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES
Rango de LeyDecreto

Con data do 13 de marzo de 2007 o director xeral de Obras Públicas, por delegación da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes aprobou o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de trazado e o estudo de impacto ambiental do corredor Brión-Noia. Clave AC/03/008.01.3.

Os bens e dereitos en que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectuar a declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia, en virtude do artigo segundo do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, considerándose xustificada a referida declaración pola súa incidencia favorable na seguridade viaria, xa que se evitará o paso por travesías e treitos de estrada fortemente sinuosos e de escasa visibilidade para os tráficos que discorren cara á ría de Muros e Noia desde o eixo atlántico.

En virtude de todo o exposto e en aplicación do artigo 28.2º do Estatuto de autonomía de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR